prueba

Unha ubicación privilexiada

puerto de O Barqueiro  O Hostal O Forno está rodeado dunha contorna de extraordinaria beleza. Situado no porto de O Barqueiro -pertencente ao municipio de Mañón-, pobo de tradición mariñeira, coa proximidade de serras e ríos onde gozar da natureza, de praias de augas tranquilas e limpas... a fusión do mar e a montaña.

 

Poderán contemplar a inmensidade do mar Cantábrico na súa achega ó Océano Atlántico, dende o cabo de Estaca de Bares, co seu famoso faro e as ruínas do que un día foi unha instalación militar norteamericana. Nesta comarca atópanse tamén as formacións rochosas máis antigas da Península e os cantís de maior altura do continente.

 

As localidades veciñas coma Vicedo, Viveiro, Cariño e Ortigueira, son visita obrigada.

 

Para consultar situación e accesos, pode seguir este enlace